viernes, 21 de enero de 2022

O ÁRTICO

Ola, familias!

Comezamos de novo as publicacións no blog, pero desta vez co propósito de que esta páxina sexa unha ventá á nosa aula e poidamos compartir todo o que nela acontece. Por outra banda, servirá tamén para estar un pouco máis conectados no caso de ter que faltar uns días a clase.

Voltamos do Nadal con moitas ganas de estar xuntos, de aprender, de xogar na aula e no patio... E a verdade é que os días que nos acompañan están sendo moi fresquiños. Por isto, un día falando na asemblea sorprendémonos falando das cores que transmiten frío e das cores que nos transmiten caloriña. Chegamos a unha conclusión xeral: os distintos tipos de azul, o gris, branco, algúns verdes... dan frío!

Pero isto non quedou aquí!

Ao día seguinte levei unhas imaxes de paisaxes de diferentes partes do mundo. Sen dúbida, seguía coincidindo: nas que había branco, azul, verde... facía frío, seguro! 

E comezamos a pensar... Quen vive alí onde todo está nevado? E habería animais? 

Despois de moito falar... apareceron os animais do Ártico, e tivemos unha semana chea de propostas, contos e xogos relacionados con esta temática. Aquí vos deixamos un vídeo do que levamos feito (e haberá parte II, xa que aínda quedan cousas por facer e investigar), e uns vídeos que vimos na clase que nos encantaron!



- Vídeo de como caza o zorro ártico: clic aquí!
- Vídeo dos zorros nun refuxio en Noruega: aquí.
     A raíz deste vídeo falamos sobre a extinción dalgúns animais e dalgunhas razóns polas que desaparecen. 

Vídeo das orcas: clic aquí!

Aproveito para comentarvos que este proxecto que iniciamos na aula enmárcase dentro do proxecto de centro co que se queren traballar os "Obxectivos de desenvolvemento sostible". Se queredes ler máis sobre isto, premede aquí.
No noso caso ímonos centrar máis naqueles obxectivos que teñen relación coa vida de ecosistemas terrestres e coa vida submarina, pero traballaremos todos os que teñamos ocasión non só co proxecto, senon no noso día a día xa sexa no momento da merenda traballando coa clasificación de residuos ou co bo uso das enerxías e recursos dos que dispoñemos.

MARZO, MES DA POESÍA

  MARZO ENCHE OS DÍAS DE PRIMAVERA E POESÍA! E nós... felices!  O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía , e para celebralo tivemos a honra d...