jueves, 28 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

 Bo día, familias!

Como sabedes, o pasado sábado 23 de abril foi o Día do Libro e para celebralo, desde o cole, realizamos unha serie de actividades. 

En primeiro lugar, desde o equipo de biblioteca convidáronnos a traer ao cole o noso libro favorito, descubrindo así novas lecturas. Mirade, mirade que ben nos senta compartir lecturas!


Por outra banda, xa somos expertos en investigacións e sabemos que os libros, ademais de para pasalo xenial con historias diferentes e divertidas, tamén serven para aprender e investigar. Neles hai moitísima información que nos serven para coñecer máis sobre os animais que habitan en diferentes partes do mundo, para coñecer os nomes do bechiños do noso patio ou para coñecer o proceso de transformación dun verme nunha bolboreta. E é que, como sabedes, temos uns compas na aula que medran cada vez máis e que estamos observando porque calquera día atopamos os casulos! 


E nesta investigación sobre os vermes e a metamorfose tamén a profe Andrea nos axudou un montón facendo con nós un conto ao que lle puxemos voz. Foi un traballo moi minucioso que, como poderedes ver, quedou xenial! Grazas, Andrea!


Cando onte nos ensinou o libro realizamos tamén unhas eirugas un pouquiño máis pacientes que a prota da historia. Mirade que bonitas!



E poderíamos continuar e continuar... pero por hoxe é suficiente! Estade atentos ao blog do cole para ver os contacontos que organizaron os nenos e nenas de sexto de primaria. Fixérono moi ben!

Ata pronto!





lunes, 11 de abril de 2022

JOEL E LEIRE XA TEÑEN UN ANO MÁIS!

 Bo día, familias! 

Espero que esteades disfrutando xa das vacacións de Semana Santa. 

Aquí vos deixo os vídeos da celebración dos aniversarios de Joel e de Leire da semana pasada. Como poderedes ver nas nosas caras, disfrutamos moito observando as nosas fotos de peques! 

Moitas grazas á familia de Leire e de Joel pola súa axuda!









MARZO, MES DA POESÍA

  MARZO ENCHE OS DÍAS DE PRIMAVERA E POESÍA! E nós... felices!  O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía , e para celebralo tivemos a honra d...