jueves, 2 de marzo de 2023

25N

Boa tarde, familias!

A estas alturas da vida, xa sabedes que un dos meus puntos débiles é subir información ao blog. Pídovos desculpas!


Este curso, polo 25-N, o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, os nenos e nenas de 5 anos prepararon un teatro inspirado no libro A historia dos bonobos con lentes, de Adela Turín e Nella Bosnia, editado por Kalandraka.
As nenas e nenos de 3 e 4 anos decoraron o escenario e o "teatro" para que viñeran o resto dos nenos e nenas do cole a escoitar a historia. E, ao final, e pese aos virus que nos acompañan este curso e que non queren marchar, quedou xenial! 
Gravámolo na clase uns días máis tarde, cando estivemos todos. E aquí vos deixamos o vídeo e un vídeo con fotos do making of. 


Foi un traballo en equipo no que nos divertimos un montón.

Agardamos que vos guste e animámosvos a que, se vos gusta, nos deixedes un comentario na entrada deste post para poder ler na aula! 

Moitas grazas!

1 comentario:

  1. QUE RECORDOS MÁIS CHULOS!!!
    FOI MOI DIVERTIDO FACELO ENTRE TODOS E MÁIS DIVERTIDO AÍNDA VER O BEN QUE O FIXERON OS DE 5 ANOS (AGORA XA ALGÚNS CON 6...)

    BIQUIÑOS MIL DENDE A CLASE DE 3 ANOS

    ResponderEliminar

MARZO, MES DA POESÍA

  MARZO ENCHE OS DÍAS DE PRIMAVERA E POESÍA! E nós... felices!  O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía , e para celebralo tivemos a honra d...