MARTES
Hoxe as propostas veñen da man da profe Andrea, que trouxo a esta ventá virtual unhas actividades que seguro que vos encantan.
A profe Andrea fai con todos nós un taller mensual de estimulación da linguaxe, ademais de traballar con algúns nenos e nenas que o precisan de xeito máis individualizado.
Para este martes de outono envíanos un vídeo co que traballar a motricidade buco-facial, clicade aquí para ver o vídeo. Por certo, pode ser moi divertido que nos enviedes unha foto cunha praxia que vos guste. Animádevos!
E xa por último, a profe Andrea recomendounos unha App moi divertida que se chama "CHATTERPIX KIDS". Empregando esta App e un debuxo, xoguete ou foto, podemos darlle vida a estes poñéndolles voz e facendo que movan a boca. Probade, que é moi divertida!
Para despedirme déixovos o vídeo que está colgado na web do cole do obradoiro de estimulación da linguaxe que fixemos con Andrea cando celebramos o Samaín. Podedes velo premendo aquí.
ENGLISH TIME
Como hoxe é martes, teacher Esperanza tamén nos propón ver uns vídeos relacionados co alfabeto.
- Let´s learn the alphabet: clic aquí para ver o vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario