jueves, 19 de mayo de 2022

DÍA DA FAMILIA

 
Ola, familias! 
A domingo 15 de maio foi o Día da familia, e a semana pasada estivemos falando sobre isto e facendo o saquiño de romeu que levaron para casa todos os nenos e nenas. 
Falamos dos diferentes tipos de familias, das súas familias, comentamos que algúns viven cos avós e que outros nenos e nenas teñen dúas casas. Logo, aproveitando que Diana e Raquel, da cooperativa Somos Terra, ensinaron aos peques de 3 anos a facer uns saquiños para ambientar os caixóns (da roupa, dos xoguetes...do que queirades!), sumámonos á idea e fixémolo todos. 
Aquí vos deixamos un vídeo do proceso de elaboración do regalo para a familia. Agardamos que vos guste!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MARZO, MES DA POESÍA

  MARZO ENCHE OS DÍAS DE PRIMAVERA E POESÍA! E nós... felices!  O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía , e para celebralo tivemos a honra d...