lunes, 30 de mayo de 2022

REPTÍS

Ola!

A semana pasada tivemos unha que estabamos agardando con moitas, moitas ganas: a visita dos reptís. Cando chegou o día estabamos moi nerviosos e moi nerviosas, pero en canto entramos no salón de actos e Mercedes comezou a presentarnos aos reptís e a falarnos do que comían, do seu comportamento, etc... quedamos todos alucinados!

Mercedes nos contou que é moi importante que estes animais vivan no seu hábitat e que non son mascotas. Moitos reptís acaban abandonados porque hai persoas que os mercan e, cando se cansan, desfanse deles soltándoos en calquera lugar. Isto é moi perigoso porque son animais que poder medrar moito e ser perigosos pero tamén porque poder alterar os ecosistemas ao non ter depredadores, e tamén facer que as especies da zona desaparezan. 

Así que xa sabedes: está moi ben coñecelos e investigar sobre eles, pero non son xoguetes nin mascotas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

MARZO, MES DA POESÍA

  MARZO ENCHE OS DÍAS DE PRIMAVERA E POESÍA! E nós... felices!  O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía , e para celebralo tivemos a honra d...